O teu ingrediente secreto na cociña

As natas coa calidade de Larsa para pratos doces e salgados

Presentámosche a esencia máis cremosa do noso leite tradicional e o ingrediente que non pode faltar na túa cociña. E con dúas opcións: Nata para Cociñar Larsa, perfecta para todo tipo de mollos, cremas e pratos; e Nata para Montar, cremosa e ideal para engadírllela ás túas sobremesas.

As natas Larsa están elaboradas co mellor do noso leite para obter a textura perfecta e idónea das natas para cociñar. En formatos ideais de 500 ml para gardar na túa neveira e poder botar man delas á hora de elaborar toda clase de pratos. 

Inicio / Produtos / Natas

Con todas as propiedades para lograr un montado perfecto para calquera sobremesa

O mellor do leite Larsa para enriquecer os teus pratos e as súas salsas

O toque co que triunfarán as túas sobremesas!

Grazas á consistencia da Nata para Montar Larsa conseguirás unha textura ideal para decorar ou aderezar as túas sobremesas, ou para combinala con froita e poñerlles ese toque final doce ás mellores comidas en grupo. Aposta pola mellor e máis deliciosa nata para montar e fai que as túas tortas e presentacións triunfen entre os teus.

Porque a Nata para Montar Larsa ten un 35 % de materia graxa, a mínima necesaria para conseguir que se monte de forma eficaz. Ademais, debes ter en conta que cómpre batela ben fría e gardala na neveira a menos de 5 graos de temperatura. Así lograrás tirarlle o maior partido posible á nosa nata e montala coa textura e o toque ideal de consistencia que precisan os teus pratos doces.

Ideal para...

Descubre a cremosidade da Nata para Cociñar Larsa e enriquece todo tipo de pratos como cremas, guisos, mollos ou gratinados ao forno. Un ingrediente fundamental para conseguir esa textura mantecosa e realzar o sabor dos mellores pratos da túa cociña. A Nata para Cociñar Larsa ofrece un mundo de posibilidades para preparar primeiros e segundos pratos como os que podes atopar no noso apartado de receitas #Larseiras.

A Nata para Cociñar Larsa ten a metade de materia graxa que a Nata para Montar, o que fai que sexa un produto máis lixeiro, ideal para espesar a salsa nas receitas de pratos quentes.