Iogures desnatados con Leite de Pastoreo

Os iogures desnatados Larsa con leite de pastoreo son a mellor opción para aqueles Larseiros que queren coidar a súa alimentación sen renunciar ao mellor sabor. A súa textura e cremosidade farán que dubides de se realmente estás a consumir un iogur desnatado. Pero non tes nada de que preocuparte: ningún dos nosos iogures desnatados supera as 50 calorías aos 100 g. Goza de toda a calidade dos iogures Larsa de toda a vida e do sabor ao que xa te afixeches, pero cun 0 % de materia graxa.

Inicio / Produtos / Iogures / Desnatados

Da unión entre o mellor Leite de Pastoreo e un refrescante sabor a Coco, nace este iogur desnatado, perfecto para coidarte

O noso iogur con menos calorías agora cun sabor refrescante e un toque cítrico

Un iogur natural desnatado co mellor sabor do Leite de Pastoreo Larsa

O mellor do noso iogur desnatado con Leite de Pastoreo e as vitaminas dos amorodos

Un iogur desnatado coa textura perfecta do iogur con Leite de Pastoreo e un refrescante sabor a amorodo que non deixa a ninguén indiferente

Un iogur desnatado con toda a fibra dos cereais

Goza do sabor a melón todo o ano co noso novo iogur, tan cremoso e saudable como todos os desnatados de Larsa

Deléitate co intenso sabor a framboesa co cremoso iogur Larsa de sempre, e con menos de 50 calorías!

Un cremoso iogur desnatado con deliciosa polpa de ananás pensado para che alegrar a vida.

Iogures de pastoreo para garantir un sabor insuperable

Pero, como saben tan ricos se non teñen materia graxa? A resposta é sinxela: é que todos os iogures desnatados de Larsa se preparan utilizando exclusivamente leite de pastoreo certificado por SGS S.A. Aínda non sabes o que é o pastoreo?

O leite de pastoreo de Larsa provén de vacas que pastan libres e felices nos prados galegos. As vacas aliméntanse exclusivamente de pastos e complementos naturais. Esta rutina sen tensión aumenta a esperanza de vida das vacas e, como premio, elas proporciónannos un leite de calidade superior co que elaboramos os mellores produtos. Produtos como os nosos iogures desnatados. Pásate ao pastoreo de Larsa! Non te arrepentirás.

Ideais para coidar a túa alimentación

Coidarte dunha forma sa e natural non ten por que ser aburrido. Por ese motivo incluímos na nosa gama de iogures desnatados un total de 6 variedades diferentes entre as que podes escoller: iogur desnatado natural, iogur desnatado con sabor a amorodo, iogur desnatado con amorodos, iogur desnatado con cereais, iogur desnatado con ananás e iogur desnatado con kiwi. E ti…? Con cal quedas? Todas e cada unha das 6 variedades de iogures desnatados de Larsa son ideais para petiscar algo lixeiro entre horas. Tamén son un recurso estupendo para acabar calquera das comidas principais do día cunha sobremesa sa e deliciosa. Ademais, o seu envase individual de 125 g é moi cómodo de transportar. Pódelo levar á oficina e sempre terás un snack saudable ao que acudir cando che entre a lareca, ou a gula!