SGS-Logo

Aquí facémolo así

En Galicia, eliximos Larsa, polo seu sabor, porque é de pastoreo e porque en Larsa facémolo así.

Pastoreo Larsa

Sabías que as vacas en réxime de pastoreo viven en plena natureza?

O noso concepto da alimentación natural

Larsa é a primeira marca de Leite de Pastoreo certificada por SGS S.A., entidade líder en inspección e verificación. Este selo garante que as nosas vacas gozan da vida ao aire libre e dunha alimentación natural. A gandaría en pastoreo é algo máis que unha forma diferente de producir. É unha forma de vida, unha forma de ser que busca obter alimentos sans, de calidade, cun uso óptimo e racional dos recursos, respectando o medio ambiente. Ser de Pastoreo é estar apegado á terra, vencellado ao coidado da paisaxe e dos ecosistemas.

Con este procedemento tradicional producimos o noso leite enteiro, semidesnatado e desnatado, con ou sen lactosa, os nosos iogures e os nosos cremosos queixos. Toda unha gama de produtos de sabor diferente, inconfundible. Descúbreos! Pásate ao Pastoreo de Galicia. Pásate a Larsa.

Pastar ou non Pastar, esa é a cuestión de Ser ou non Ser Leite de Pastoreo. Porque Pastoreo Larsa significa liberdade, natureza, control do benestar animal… E iso nótase!

Pastoreo Larsa
Pastoreo Larsa
Pastoreo Larsa
Icono marca certificada

1ª marca certificada como Leite de Pastoreo

Larsa é a primeira marca certificada como Leite de Pastoreo por SGS S.A., un selo que confirma que as nosas vacas pastan en liberdade nos prados de Galicia

Icono marca certificada

100% Galego

Leite, iogures e queixos producidos con leite 100 % Galego, grazas aos gandeiros de granxas de proximidade

Icono marca certificada

Calidade e Innovación

Cando un produto é bo, é mellor deixalo como está. Por iso levamos dende 1933 sen cambiar demasiado. Innovamos para recuperar sabores tradicionais e ofrecerchos en novos formatos

Ver todos os produtos

Produtos Larsa

Iogur Con froitas

Delicias de amorodo nun iogur tan cremoso coma sorprendente

Todos os beneficios do iogur e da froita nunha única sobremesa; delicioso e cremoso como todos os iogures Larsa e cun sabor aínda máis intenso. Un capricho san con Leite de Pastoreo que non pode faltar na túa neveira. E se os amorodos non son o que máis che presta, temos outras seis posibilidades. Atrévete!

Leite de Pastoreo

O leite dos padais esixentes

Con café, só, con cacao, frío, quente… Gústeche como che guste, distinguirás o Leite de Pastoreo Larsa dende o primeiro momento.

Porque ten o sabor e o corpo do leite de sempre e propiedades nutricionais únicas que conquistan os consumidores máis esixentes. Porque entre Pastar ou non Pastar está a cuestión para ser ou non ser Leite de Pastoreo.para ser o no ser Leche de Pastoreo.

Manteiga

A túa aliada tradicional para almorzos e receitas especiais

Un sabor de sempre elaborado co método tradicional para che ofrecer un sabor xenuinamente noso, cremoso e ideal para gozar dun almorzo completo ou engadila ás túas receitas.

Fai de cada momento algo especial coa Manteiga Tradicional Larsa; a Manteiga galega número 1 en vendas!

#Larseiros Únete á comunidade de incondicionais de Larsa e aproveita as súas vantaxes

Se na túa neveira non falta un Iogur Larsa de Vainilla, se levas toda a vida a merendar con Queixo de Barra ou de Bola… Se te pasaches ao #Pastoreo porque deveces polo seu sabor, se cadra aínda non o sabes, pero es un #Larseiro e iso merece unha recompensa!

Benvido ao mundo Larseiro! Un espazo galego, novo e divertido coma ti!

Larseiros

Por que unirte? Poderás…

Contactar e competir con outros Larseiros coma ti, cos que están preto e tamén cos Larseiros polo mundo adiante

Axudarnos a crear sabores que namoren

Facerte con produtos de marca con toda a nosa esencia

Conseguir entradas para eventos culturais, deportivos, e para os mellores festivais de Galicia!

Gañar fantásticos premios

Estar ao día de todas as nosas festas gastronómicas

Ver as mellores receitas da nosa terra

Vídeos Larseiros

Estamos orgullosos da nosa orixe, do que facemos e de levar tantos anos contigo. Contámosche por que somos como somos.

Pásate ao Pastoreo de Larsa!

Polo seu sabor, porque é como o de toda vida, porque as vacas 🐄 pastan en liberdade 🌾, porque é o primeiro Leite de Pastoreo Certificado! E vós, xa vos pasastes ao pastoreo de Leite Larsa? 🙌

Larsa, primeira marca certificada como Leite de Pastoreo

Que hai detrás deste sabor? Hai vacas 🐄 que pastan felices e en liberdade🌾, hai pastos, pastores e hai case 100 anos sen mudar moito as cousas. Porque o que é de verdade acaba gañando.

Icono Hoja

Momentos Larseiros

Únete á nosa comunidade #Larseira e mantente ao día das nosas novidades e sorpresas