PREMIOS INNOVACIÓN

EN ALIMENTACIÓN SAUDABLE

En Larsa querémoslle dar saída ó talento desta terra. Por iso buscamos ideas innovadoras que promovan a saúde a través da nutrición e hábitos de vida saudables.

Estas ideas poden ir dende o desenvolvemento de novos produtos ata as innovacións en ganderías e procesos, pasando por novas tecnoloxías, puntos de venda, etc…

Icono
QUEN PODE PARTICIPAR
Se tes unha idea, podes participar. Así de sinxelo.
Non importa de que parte de España sexas, nin se es estudante universitario ou unha persoa nova e emprendedora. Mesmo podes ser unha empresa, unha universidade ou calquera dos seus departamentos.
Icono
COMO PARTICIPAR
Cada concursante poderá presentar os proxectos que desexe, sempre e cando cumpra os requirimentos das bases, remitíndoos a premiosinnovacion@capsafood.com.
O proxecto deberá desenvolverse no Principado de Asturias ou en Galicia e o prazo para a súa presentación será do 2 de maio ata o 2 de xullo, ambos incluídos.
Icono
FASES DO CONCURSO
Estes premios en innovación saudable serán articulados en dúas fases:

1ª Fase: recepción de proxectos e selección das mellores ideas.
2ª Fase: Presentación e desenvolvemento das ideas seleccionadas.
Icono
QUE PODO GAÑAR
Os 3 proxectos mellor valorados polo xurado recibirán os seguintes premios.

1º PREMIO: Dotado con 5.000 euros. 2º PREMIO: Dotado con 3.000 euros. 3º PREMIO: Dotado con 1.000 euros.
Bases de la promoción