Compromiso con galicia

Empresa | Historia

Breve historia de Larsa


En 1933 os irmáns Rodríguez López adiántanse ao seu tempo e comezan a elaborar, de forma profesional, queixo plano tipo Arzúa na Granxa Arjeriz.

O éxito desta profesionalización lévaos a abrir unha planta industrial en Chantada e, tras a Guerra Civil, a Central Lechera de Vigo..

En 1947 nace Larsa como marca, coa fundación de Lacto Agrícola Rodríguez, S.A. Esta empresa establécese en Vilagarcía, aplicando á súa produción os primeiros controis de calidade.

En Vilagarcía prodúcense varios tipos de queixo e, a partir de 1962, leite en bolsa e en tetra-pack. É o comezo da moderna industria láctea galega. En 1964, ante o éxito dos produtos Larsa, ábrese a Central Lechera en Balaídos (Vigo) e amplíase a gama a leite pasteurizado, sobremesas e nata.

Nos setenta o crecemento de Larsa é continuo e os seus produtos véndense a través de delegacións comerciais en toda España. Crecemento que continúa nos oitenta coa adquisición de varias fábricas, Arjeriz en Outeiro de Rei - Lugo, Iberolacto en Ourense, Xeve en Pontevedra, Ilasa en Madrid e Vega de Oro en Meira. Larsa conta xa con 1200 empregados, 6000 puntos de venda e unha facturación de 20 000 millóns de pesetas. En 1992 modernízase a planta de Outeiro de Rei - Lugo, pasándose toda a fabricación de Brik a Outeiro de Rei - Lugo (planta de Arjeriz), cunha capacidade de 36.000 litros hora, e toda a fabricación de queixo a Vilagarcía.

A finais dos oitenta Larsa participa na reestruturación do sector lácteo galego, integrándose no grupo Iberlat. En 1992 modernízase a planta de Vilagarcía e céntrase nela a produción de Larsa.

En decembro de 1997 intégrase en CAPSA xunto con Central Lechera Asturiana e Ato. Hoxe CAPSA é un dos maiores grupos lácteos do país e mantense como unha referencia en produtos lácteos sans e naturais.

  • Briks
  • Briks
  • Briks
  • Briks
  • Briks
Realizada por Fábrica de buenas ideas